Piden 11 anos para unha traballadora social que tivo "relacións sexuais completas "cunha menor

Tamén a súa inhabilitación para o exercicio de calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores de idade por tempo de 16 anos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A Fiscalía de Pontevedra solicita 11 anos de prisión para unha muller acusada dun delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos. Os feitos proceden do xulgado de instrución número 2 de Redondela e serán xulgados este martes e mércores a partir das 10,00 horas na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de cualificación fiscal, a acusada mantivo unha relación sentimental "tendo relacións sexuais completas" cunha menor de 13 anos que coñecera na súa condición de traballadora social nun centro de menores onde traballou.

Por resolución de data 30 de xaneiro de 2020 acordouse unha orde de protección que prohibía á acusada achegarse a menos de 100 metros da menor e de comunicarse con ela por calquera medio, que continua en vigor.

O Ministerio Público solicita para a acusada a prohibición de comunicarse coa vítima ou aproximarse a ela, ao seu domicilio, lugar de traballo, centro de estudos e calquera lugar no que esta se atope a menos de 100 metros por un tempo de 15 anos.

Tamén a súa inhabilitación para o exercicio de calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores de idade por tempo de 16 anos ou, no seu caso, durante cinco anos máis que a pena privativa de liberdade que resulte imposta. Como responsabilidade civil, pídelle unha indemnización de 5.000 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta