Unanimidade no Parlamento para pedirlle á Xunta que garanta a cobertura de prazas de pediatría en Verín

O PP sinala que os protocolos "cúmprense en tempo e forma"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 09/03/2023 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Comisión 5ª do Parlamento de Galicia aprobou este xoves por unanimidade unha proposición non de lei do PSdeG pola que se lle esixe a Xunta que garanta a cobertura das prazas de pediatría asignadas a Verín.

A deputada socialista, Mariña Ortega, foi a encargada de presentar a proposta, durante cuxa exposición denunciou o "agravio" na asistencia sanitaria pediátrica da comarca, tras a supresión do servizo de Prematuros e a "resistencia" do Sergas a contratar substitutos para cubrir as baixas de médicos da especialidade.

"Non se están cubrindo os protocolos de revisións pediátricas en tempo e forma, xa que no mellor dos casos son cubertos por unha enfermeira, sen a participación dun pediatra", aseverou. Así, indicou, os pais ven "obrigados" a acudir á sanidade privada en Ourense, "a máis de 70 quilómetros de distancia, co consecuente gasto de diñeiro e tempo".

A deputada nacionalista Iria Carreira expresou o seu acordo cos argumentos expostos polos socialistas e tachou a actitude da Xunta coa sanidade de "luz de gas". Ademais, acusou ao Goberno galego de "soberbio e arrogante" ante a falta de "autocrítica" ao non "recoñecer que houbo unha mala planificación do sistema sanitario".

Concentración para reclamar a volta do servizo de pediatría ao municipio
Concentración para reclamar a volta do servizo de pediatría ao municipio | Fonte: XdB

"CÚMPRENSE EN TEMPO E FORMA"

Pola súa banda, o viceportavoz do grupo do PPdeG, Alberto Pazos, instou a socialistas e a nacionalistas a que "citen unha soa especialidade sanitaria que perdesen os hospitais comarcais de Verín ou Valdeorras, porque nunca se amortizou a praza de pediatría de Verín".

Así, no caso concreto da atención pediátrica en Verín, recoñeceu que "é unha praza de difícil cobertura, que recurrentemente foi e segue sendo ofertada". Sinalou tamén que esta praza e outra máis actualmente cuberta por comisión de servizo ofertaranse de novo na próxima convocatoria de prazas de difícil cobertura por concurso de méritos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta