Xunta e universidades impulsan un modelo educativo dual que combina formación e un contrato laboral regulado

Sigue a liña da FP Dual, que acadou unha taxa de empregabilidade de case o 100%

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/03/2023 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Xunta e as universidades públicas galegas impulsan un modelo educativo dual, "pioneiro en España", que busca a "implicación directa na docencia e o deseño curricular das empresas" no desenvolvemento dunha titulación universitaria de grao ou de máster.

Así o explicaba o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, en declaracións aos medios na presentación da iniciativa no Museo Centro Gaiás. O Sistema Universitario de Galicia contará a partir do próximo curso cun modelo de graos e másteres nos que o alumnado combinará a súa formación no tres universidades públicas cun contrato laboral regulado e remunerado nunha empresa.

Na súa intervención, o titular da Educación destacou que esta iniciativa "reproduce o éxito que a opción dual tivo na Formación Profesional tamén nas universidades". Sobre isto, Román Rodríguez lembrou que o alumnado da FP Dual alcanza unha taxa de empregabilidade de case o 100%.

MODELO REGULADOR MÁIS CONCRETO

Román Rodríguez sinalou que a iniciativa parte dunha análise encargada á Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), en colaboración coa Universidade de Mondragón, que achegou a súa experiencia nun proxecto similar.

Grupo de estudantes na Universidade de Santiago de Compostela
Grupo de estudantes na Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Segundo explican nun comunicado, o programa de titulacións duais é a primeira iniciativa autonómica liderada por unha Administración educativa para todo o territorio baixo a súa xestión. A proposta xa foi analizada polo Consello Galego de Universidades o pasado mes de decembro.

Conclúen que a modalidade dual avanza sobre o modelo de prácticas en empresas "ao esixir unha secuenciación de períodos formativos na entidade colaboradora, unha maior integración do período formativo na empresa no currículo formativo, unha coordinación máis estreita entre a universidade e a entidade colaboradora, unha titorización da parte académica e da entidade colaboradora máis integrada e a incorporación do traballo fin de grao ou máster.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta