Os cazadores e a Xunta preparan os diferentes puntos para o novo convenio de colaboración entre as dúas partes

Para esta finalidade a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, mantivo recentemente unha reunión co presidente da Federación de Caza, Luís Eusebio Fidalgo, e co seu secretario xeral, José Moure.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A Xunta e a Federación Galega de Caza (FGC) están a ultimar os termos e actuacións concretas que se incluirán no novo convenio que subscribirán, co obxectivo de renovar a relación de colaboración que manteñen de forma ininterrompida desde o ano 2015, singularmente no ámbito formativo.

A tal fin, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, mantivo recentemente unha reunión co presidente da Federación de Caza, Luís Eusebio Fidalgo, e co seu secretario xeral, José Moure, durante a cal concretaron os últimos detalles do acordo e intercambiaron opinións sobre as liñas fundamentais de acción.

Neste contexto, segundo informa a Xunta, os tres coincidiron na necesidade de continuar co impulso á formación continua dos cazadores e dos responsables das sociedades cinexéticas a través de cursos, charlas informativas e campañas de divulgación sobre temas como a seguridade, a posta en valor desta actividade para o medio rural e a xestión.

Cabe lembrar que en 2022 e este 2023, en Santiago e Lugo, respectivamente, celebráronse os primeiros cursos para obter a credencial de persoa cazadora con formación en materia de sanidade e hixiene. A idea do Goberno galego e a FGC é continuar con eles e estendelos ao resto de provincias.

Esta reunión foi a primeira celebrada desde a recente renovación da xunta directiva da Federación de Caza, que tomou posesión en decembro. De feito, a directora xeral aproveitou o encontro para trasladarlles a disposición da Xunta a manter contacto directo co sector.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunha reunión co presidente da Federación Galega de Caza, Luís Eusebio Fidalgo, e co seu secretario xeral, José Moure.. XUNTA
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunha reunión co presidente da Federación Galega de Caza, Luís Eusebio Fidalgo, e co seu secretario xeral, José Moure.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta