A Garda Civil sorprende a furtivos en Vilaboa e requisa 66 quilos de ameixa

Estas persoas xa foron identificadas noutras 5 ocasións desde o pasado mes de decembro

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/03/2023 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra sorprendeu a semana pasada a varios furtivos que extraían marisco ilegalmente en Vilaboa (Pontevedra) e requisou 66 quilos de ameixa.

Os axentes recibiron un aviso ás 21,25 horas, alertando da presenza de oito persoas na praia de Deilán, en Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) que estaban a mergullar, entrando e saíndo constantemente e portando con eles bolsas que descargaban nun vehículo.

Unha vez na zona, a patrulla observou a oito persoas pola praia que, cando se decataron da presenza dos axentes, dispersáronse en 3 grupos, soltando a mercadoría que portaban con eles.

A Garda Civil conseguiu identificar a dúas deles, que portaban 10,82 quilos e 12,37 quilos de ameixa, respectivamente. Estas persoas xa foron identificadas noutras 5 ocasións desde o pasado mes de decembro e denunciados nos mesmos termos. En total, foron recuperados 66,15 quilos de ameixa viva que, tras o seu pesado na báscula da confraría de pescadores, foron entregados á mesma para que se reintegrasen ao mar.

Interceptado en Vigo un furtivo con case tres quilos de ameixa. POLICÍA LOCAL DE VIGO
Interceptado en Vigo un furtivo con case tres quilos de ameixa. POLICÍA LOCAL DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta