A Xunta porá couto á intelixencia artificial "para protexer os dereitos fundamentais"

Investigadores fixan os retos para que estea "ao servizo das persoas" e expertos advirten risco de "deshumanización" e "rumbos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2023 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Xunta regulará o uso da intelixencia artificial no sector público autonómico, de acordo cos resultados do informe elaborado polas tres universidades públicas galegas sobre o marco ético e normativo para o desenvolvemento desta tecnoloxía. Estes expertos destacan que "hai marxe para que os estados e as comunidades autónomas reforcen os obxectivos da lexislación europea sobre intelixencia artificial, mesmo desde antes da súa entrada en vigor".

Inciden en que "nada impide que a Xunta regule xa a utilización das tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial polo propio sector público autonómico e, no seu caso, polas entidades locais galegas". Tampouco hai impedimento, engade, a que "a comunidade autónoma poida desenvolver unha política propia de fomento do desenvolvemento de tecnoloxías baseadas na intelixencia artificial".

Con todo, advirten de que "está a aparecer un mosaico de normas nacionais con posibles diverxencias que entorpecerá a circulación fluída na Unión Europea de produtos e servizos asociados a sistemas de intelixencia artificial e non garantirá de maneira efectiva a seguridade e a protección dos dereitos fundamentais e os valores comunitarios".

Este informe, resalta Facenda, é o primeiro elaborado nunha comunidade autónoma española para afrontar os retos dunha intelixencia artificial "fiable e acorde" cos valores humanos que promove Europa.

"UNHA GRAN RESPONSABILIDADE"

Na inauguración dunha xornada na que se abordaron estes retos, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, destacou o "interesante" desta iniciativa, xa que se está "ante unha gran responsabilidade" que, ademais, é "compartida" por programadores, enxeñeiros, físicos, matemáticos, usuarios, administracións públicas, xuristas, lingüistas, filósofos e médicos, entre outros axentes.

"EN PRIMEIRA LIÑA"

Previamente interviñeron o tres reitores. O da universidade de Vigo, Manuel Reigosa, sinalou que Galicia é "un país que moitas veces chegou tarde", pero destacou que "nesta ocasión está a chegar en primeira liña, porque hai moitas cousas que durante moitos anos fixéronse ben".

Exposición de Intelixencia Artificial
Exposición de Intelixencia Artificial | Fonte: AFUNDACIÓN

O reitor da Coruña, Julio Abalde, reivindicou este "traballo conxunto" polo documento "feito en colaboración de investigadores das tres universidades". "Un documento de integración da nosa comunidade que nos pon ante os retos da intelixencia artificial", incidiu.

Por último, en nome da Universidade de Santiago, o seu reitor, Antonio López, considerou que "se está avanzando satisfactoriamente" no desenvolvemento da intelixencia artificial, tamén no nivel formativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta