Aparece morta unha cría de cetáceo de 8 metros en Ferrol

Trátase dun rocual común e pareceu lotando nos peiraos da Estación Naval da Graña.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 17/03/2023 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

Outro cetáceo morto en augas galegas. O último apareceu este venres, 17 de marzo, nos peiraos da Estación Naval da Graña. Trátase dunha cría de rorcual común, e duns 8 m de lonxitude.

Cetáceo morto atopado en Ferrol
Cetáceo morto atopado en Ferrol | Fonte: remitida

Foi o persoal de garda de tal Estación Naval durante unha das súas habituais roldas de vixilancia nas instalacións portuarias do recinto militar o que deu a voz de alarma. Atopábase á boia nas proximidades dos pantaláns de embarcacións menores até a súa retirada.

De maneira inmediata foron avisados o Centro de Coordinacion e Servizos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (CCS) e a Coordinadora para o Estudo dos mamíferos mariños de Galicia (CEMMA) así como o Servizo de emerxencias 112 e a Estación Biolóxica da Graña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta