A Xunta encadra a folga no transporte en dinámicas laborais e pide ao Estado que permita revisar prezos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, demanda a creación dun mecanismo de revisión de prezos no transporte

Por E.P. | Galicia | 29/03/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, encadrou a folga convocada para este venres 31 de marzo no servizo de transporte por estrada en dinámicas laborais e empresariais. "É o resultado dunha actualización salarial e por tanto dunha relación empresarial", sinalou.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA

Vázquez proveitou para demandar ao Goberno central a creación dun mecanismo de revisión de prezos no transporte. Sería "realmente importante e interesante" que o Estado "habilite unha disposición legal" igual que a que se conseguiu en obras públicas "para a revisión de prezos extraordinaria".

Neste sentido, apelou ao Executivo central para pedirlle a a habilitación de "todas as administracións que teñen contratos" para poder facer esta revisión extraordinaria. Lembrou que existen contratos que "non son unicamente a Xunta de Galicia, senón que se trata de calquera contrato de transporte público e de transporte privado".

Nestes termos, matizou que o transporte por autobús pode ser "un transporte discrecional" para realizar "excursións" ou pode ser urbano como no Concello de Lugo, "que ten o seu propio transporte".

Así pois, reiterou que "sería unha moi boa noticia" que o Goberno de España habilite a todas as administracións públicas, tanto os concellos como a Administración autonómica para revisar os contratos. "Así o pedimos, pero non recibimos unha resposta que sería unha moi boa noticia", insistiu Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta