Críticos á dirección galega de Podemos cualifican de "deslealdade inadmisible" o apoio a Sumar

O colectivo 'Rexurdir Podemos' advirte a Borja San Ramón e Antón Gómez-Reino do "risco de fractura" do partido en Galicia

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 31/03/2023 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Críticos coa dirección galega de Podemos agrupados no colectivo 'Rexurdir Podemos' cualificaron de "deslealdade inadmisble" co partido o apoio ao lanzamento da plataforma Sumar da vicepresidenta Yolanda Díaz mostrado polo coordinador da organización en Galicia, Borja San Ramón, e o seu predecesor e deputado no Congreso Antón Gómez-Reino.

Tanto San Ramón como Gómez-Reino confirmaron hai unha semana que acudirán este domingo ao acto de presentación oficial do proxecto político da ministra ferrolá, unha presenza que, para este colectivo crítico perdedor nas primarias celebradas a finais do pasado ano, supón "a impugnación" do partido.

"Entendemos que a súa presenza suporía, en caso de confirmarse, un acto de deslealdade inadmisible posto que suporía a impugnación da posición do noso partido", aseverou este grupo interno de Podemos Galicia nun comunicado remitido aos medios este venres.

En plena incerteza sobre a integración do partido morado en Sumar, 'Rexurdir Podemos' apela á "responsabilidade militante" do máximo representante de Podemos en Galicia e do seu predecesor, aos que advirte do risco de "fractura" do partido na comunidade galega.

Por último, incidiron en que a presenza de San Ramón e Gómez-Reino o vindeiro domingo no lanzamento de Sumar en Madrid "suporía debilitar á dirección estatal en base ao feito de gañar unhas votacións que tiñan como finalidade unha representación de carácter orgánico".

Foto de familia dos integrantes de 'Rexurdir Podemos', candidatura ás primarias de Podemos Galicia. REXURDIR PODEMOS
Foto de familia dos integrantes de 'Rexurdir Podemos', candidatura ás primarias de Podemos Galicia. REXURDIR PODEMOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta