Publicada a lista de seleccionados polo SERGAS para cubrir prazas de médico especialista de Atención Primaria

Tras producirse a incorporación aos seus destinos de 103 especialistas, unha vez terminados os prazos de toma de posesión, quedaban por cubrir a incorporación a tres prazas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución pola que se publica a lista de aspirantes seleccionados no concurso de méritos para acceder a tres prazas coa condición de persoal fixo da categoría de facultativo especialista de Atención Primaria.

Segundo informou o Sergas, con esta selección cubríronse a totalidade das prazas ofertadas, 106, e no proceso participaron 355 aspirantes. Tras producirse a incorporación aos seus destinos de 103 especialistas, unha vez terminados os prazos de toma de posesión, quedaban por cubrir a incorporación a tres prazas.

Os tres destinos adxudicados este luns permitirán contar cun médico máis no centro de saúde de Foz (na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte), e con dous facultativos máis nos centros de saúde de Ponteareas e Moaña (na área sanitaria de Vigo)

Segundo recalcou Sanidade, cúmprese así o "obxectivo" de incorporar 106 efectivos de persoal médico fixo da nova categoría, e substitúese ás persoas inicialmente nomeadas e que non se incorporaron ao servizo activo por propia vontade.

Arquivo - Exterior do edificio que acolle a Consellería de Sanidade de Galicia (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Exterior do edificio que acolle a Consellería de Sanidade de Galicia (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta