Como concienciar á rapazada da importancia do cambio climático

Un cento de mozos e mozas participarán en Silleda nun encontro da ONGD Agareso sobre o cambio climático .

Por Galicia Confidencial | SILLEDA | 18/04/2023 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Un cento de alumnos e alumnas de ESO dos concellos de Boiro, Brión, Bueu, Silleda e Viana do Bolo participarán este mércores, 19 de abril, nun encontro creativo en Silleda para reflexionar sobre o impacto do cambio climático e a súa relación coa desigualdade social, así como para compartir propostas de accións para un futuro máis sostible a través da comunicación dixital.

Alumnado galego nun encontro intercentros ou hackathon incluído no proxecto EpDLab
Alumnado galego nun encontro intercentros ou hackathon incluído no proxecto EpDLab | Fonte: Agareso

O encontro intercentros, que decorrerá no Auditorio de Bandeira, forma parte do proxecto de innovación educativa EpDLab, desenvolvto pola ONGD Agareso (Asociación Galega de Comunicación Social) co financiamento de Cooperación Galega. O encontro recibe o nome de hackaton, "un evento no que, nun breve espazo de tempo, un grupo de persoas intentan crear prototipos ou solucións para unha problemática dada".

En concreto, os mozos e mozas participantes traballarán, de forma colectiva, no deseño e elaboración de contidos de comunicación dixital para sensibilizar sobre os efectos do cambio climático na vida das persoas a nivel global e para promover accións concretas cara un futuro máis sostible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta