Os estudantes acuden divididos á folga contra o "Decreto 3+2"

Os colectivos de mozos coinciden en criticar a "elitización" ao abrir a porta que os graos sexan de tres anosA Liga acusa ao Sindicato de Estudantes de "centralista" por convocar dous días. Horarios das manifestacións no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/02/2015 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Varias organizacións convocan unha folga no ensino universitario este 25 e 26 de febreiro. O obxectivo é protestar contra o Decreto de Ordenación que permitirá as universidades ofertar graos en tres anos, e mestrados en dous.

Estudantes chinesas nunha manifestación dunha pasada folga
Estudantes chinesas nunha manifestación dunha pasada folga | Fonte: Walter Burns

Por exemplo, Brais Forte, responsábel dos Comités, que convoca para o 36, alerta que  “o prezo de cada ano de mestrado sitúase entre o dobre e a tripla do prezo dun ano de grao, as bolsas para grao endureceron as súas condición académicas con respecto ás licenciaturas, mais os mestrados esixen unha nota media de notábel para obter bolsa". 

 

Dende o Sindicato de Estudantes, que convoca para o 25 e 26, denúnciase que a finalidade da reforma é "a completa privatización da universidade pública e que só teña un titulo universitario quen poidan cursar dous anos de Máster, gastándose miles de euros para maior beneficio dos empresarios das universidades privadas". Esta organización de ámbeto estatal, con organizacións na Coruña e Vigo, di que "o novo decreto de Wert pretende expulsar

da Universidade ós fillos dos traballadores".

 

A coincidencia na oposición a reforma non evitou polémicas sobre a convocatoria. Mentres o Sindicato de Estudiantes, de ámbeto estatal, chama a parar dúas xornadas, a maioría de formacións de ámbeto galego -e tamén outros colectivos vascos, catalás, andaluces, aragoneses e asturianos- só chaman a non asistir as aulas o 26.

Así, a Liga Estudantil Galega ve "prácticas centralistas e unilaterais do Sindicato de Estudiantes, que, por enésima vez, convoca varios días de ‘folga’ sen contar cos movementos estudantís dos respectivos pobos e sen ter en conta as súas realidades e dinámicas propias en desenvolvemento". Este colectivo considera que a reforma avanza na "mercantilización e elitización da universidade"  pois supón  "un maior encarecemento da formación universitaria completa".

O paro é apoiado por todas as forzas políticas da esquerda parlamentaria galega. AGE, por exemplo, di que apoia a folga nacional do estudantado que terá lugar este xoves para loitar por un ensino "popular, científico, antipatriarcal e galego". A súa eurodeputada Lida Senra xa denunciou diante da Comisión Europea e do Consello de Europa "a precarización do ensino imposta polo Goberno español".

Manifestacións do Xoves:

•A Coruña: Praza de Vigo ás 12:30h

•Burela: Praza do Concello ás 12:00h

•Ferrol: Praza Camilo José Cela (Diante do edificio da Xunta) ás 12h

•Lugo: Edificio Intercentros ás 12:30 e na Horta do Seminario ás 12:45h

•Ourense: Diante da Subdelegación do Goberno ás 12h

•Pontedeume: porta do IES Breamo ás 10h

•Pontevedra: Praza da Peregrina ás 12:00h

•Santiago de Compostela: Alameda ás 11:30h

•Vigo: Praza América ás 11:30h

Concentracións do Xoves:

• Allariz: Diante do IES de Allariz ás 12h

• Cee: Praza 8 de marzo ás 12h

• Guitiriz: Diante do IES Díaz Castro

• Melide: Diante do IES de Melide ás 12h

• O Carballiño: Praza Maior d’O Carballiño ás 17:30h

• Ponteareas: Desde a rúa Feliciano Barrera (diante dos IES) ás 12h

• Ribadeo: Diante do IES Ribadeo ás 12h

• Ribeira: Diante da Estación de autobuses ás 12h • Sarria: Praza da Vila ás 12h

• Verín: Avenida de Portugal (Diante do IES Xesús Taboada Chivite) ás 12h

• Vilagarcía: Praza da Galiza ás 12h

• Vilalba: Praza da Constitución ás 12h

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta