Satse denuncia que fisioterapeutas teñen que emigrar por falta de ofertas do Sergas

Pide á Xunta que incremente o persoal de fisioterapeutas en hospitais e centros de saúde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do sindicato de Enfermaría Satse en Galicia, Malules Carbajo, remitiu unha carta ao conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, para reclamar un incremento do persoal de fisioterapeutas tanto en hospitais como en centros de saúde do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Nesta misiva, Carbajo tacha de "absolutamente insuficientes" os actuais cocientes destes profesionais para atender á poboación de Galicia. En concreto, os datos que manexa Satse falan de que hai un fisioterapeuta en Atención Primaria por cada máis de 17.000 pacientes, mentres que nos hospitais a proporción é dun por cada 15.000 persoas.

Así, o sindicato reclama que haxa, polo menos, un fisioterapeuta por cada centro de saúde, porque se non as persoas que requiren da atención destes profesionais non teñen "máis remedio que acudir a centros privados".

De feito, a falta de emprego no Sergas fai que este colectivo "teña que traballar no ámbito privado", onde as súas condicións son "manifestamente mellorables"; ou fóra da Comunidade galega.

Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago / Europa Press / Europa Press
Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta