Xulgado en Ourense por lavar diñeiro procedente da pesca ilegal

O home defraudara á Axencia Tributaria case 2,5 millóns de euros entre 2012 e 2014.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/05/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense xulgará este mércores a un home acusado de introducir en España a través dunha armazón de empresas e entidades, algunhas delas en paraísos fiscais, diñeiro conseguido coa pesca ilegal de pescada negra.

O xuízo está fixado para este mércores e nel sentará no banco o procesado, que "controlaba unha actividade pesqueira a través de diversas empresas radicadas en Galicia" que combinaba con "unha importante actividade de pesca ilegal na zona do Pacífico sur", en augas próximas á Antártida, coa extracción de pescada negra.

Tal e como recolle o escrito de acusación fiscal, "a especie foi vendida irregularmente e os froitos desta venda introducíronse en España, en beneficio do procesado, a través dun complexo tecido de empresas e entidades bancarias situadas no estranxeiro, a miúdo en paraísos fiscais".

Con iso, esta actividade defraudou importantes cantidades á Axencia Tributaria, máis de 1,4 millóns en 2012, case 555.000 euros en 2013 e 483.000 en 2014. O procesado xa recoñeceu os feitos e pagou estas cotas. Fiscalía pide para el dous anos de prisión e unha multa do 80% da cantidade defraudada.

Barco relacionado coa pesca ilegal
Barco relacionado coa pesca ilegal | Fonte: Interpol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta