Galicia segue sen recuperar os niveis de emprego de 2007

Sitúase como a quinta autonomía con peor niveis de emprego, segundo un estudo de Adecco.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/05/2023 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Galicia está entre as seis autonomías que non lograron superar os seus niveis de emprego de 2007, pese ao crecemento rexistrado o pasado ano, onde aumentou en todas as autonomías españolas, menos en Asturias.

Así o sinala un estudo do grupo Adecco, que indica que "pese ao máximo histórico de afiliación para o total estatal, hai seis rexións que aínda non lograron superar os seus niveis de emprego de 2007 (antes da anterior crise): Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Galicia e A Rioxa".

O informe analiza, ademais, outros datos como o salario mínimo que se sitúou en 2022 en 1.167 euros. Tamén destaca que o ano pasado o colectivo de parados rexistrados tivo unha redución significativa, por baixo dos tres millóns, o que non sucedía desde 2008.

Por outra banda, o ano pasado alcanzouse o maior nivel de emprego desde 2008. A taxa de emprego chegou ao 51,1%. Atendendo á afiliación, esta alcanzou un novo máximo histórico por segundo ano consecutivo, superando por primeira vez os 20 millóns de afiliacións.

Un traballador manexa peixe en caixas de plástico, na lonxa da Coruña
Un traballador manexa peixe en caixas de plástico, na lonxa da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta