Detido o home que roubaba a mulleres de avanzada idade en Teo

Ocultaba sempre o rostro e realizaba seguemento das vítimas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Milladoiro detivo a un veciño da localidade coruñesa de Teo como presunto autor de seis delitos contra o patrimonio, cinco de roubo con violencia ou intimidación e un de furto en interior dun vehículo.

Detido polas forzas de seguridade
Detido polas forzas de seguridade | Fonte: GARDA CIVIL

Segundo informa o Instituto Armado, a investigación iniciouse o pasado mes de febreiro por mor de varios roubos con violencia ou intimidación en pedanías da localidade e que "causaron unha gran alarma social". Froito do traballo dos axentes para o esclarecemento dos feitos e dar co seu autor, a Garda Civil constatou que o agora detido "sempre vestía gorras ou bufandas para dificultar ser recoñecido polas vítimas e testemuñas".

O home vixiaba previamente ás vítimas, "a maioría mulleres de avanzada idade", para cometer os ilícitos cando se atopaban soas ou en lugares pouco transitados. Nos roubos utilizaba a forza, abordándoas "por sorpresa" para apoderarse das súas pertenzas "chegando a provocar nalgúns casos lesiones ás vítimas tendo que recibir asistencia médica". "Mesmo nalgunha ocasión ameazounas de morte para lograr perpetrar o roubo", explica a Benemérita.

A Garda Civil a través de múltiples visionados de cámaras de vixilancia, a confección de actas de recoñecementos fotográficos e testificales practicados a testemuñas e prexudicados por estes feitos, conseguiu identificar o autor dos mesmos procedendo á súa detención. As dilixencias instruídas xunto co detido foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Garda de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta