A Xunta abre o prazo o 16 de maio para a solicitude de vacacións familiares nas residencias de tempo libre

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A Xunta abre o prazo o 16 de maio para a solicitude de vacacións familiares nas residencias de tempo libre nas residencias de Panxón-Nigrán e O Carballiño. Segundo un comunicado da Consellería de Política Social e Xuventude, o luns 15 de maio publicarase a convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a partir do martes empezaranse a admitir solicitudes.

O departamento autonómico informou de que o programa conta con 2.760 prazas para este verán, sendo 1.320 prazas para a Residencia do Tempo Libre do Paxón, en Nigrán, e 1.440 prazas na Residencia de Tempo libre do Carballiño.

O prazo de solicitude péchase o 30 de maio e poderá ser realizado a través da sede electrónica da Xunta. O prezo por persoa é de 37 euros por día en réxime de pensión completa, que inclúe almorzo, xantar e cea. Os nenos e as nenas de ata 12 anos pagan 50% do valor.

As familias monoparentais, acolledoras ou vítimas da violencia machista teñen un desconto do 30%, ademais de ter prioridade ao acceso a estas prazas.

Sol e calor nun día de vacacións
Sol e calor nun día de vacacións | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta