Conde destaca a necesidade de "espertar" as vocacións científicas entre o alumnado galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, destacou a necesidade de "espertar" as vocacións científicas entre o alumnado galego, obxectivo que se marcan os premios Galiciencia, que foron entregados este venres. O número dous do Goberno galego participou nesta entrega dos galardóns, celebrada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas (Ourense).

A maior feira científica de Galicia bateu este ano a súa marca de asistencia con máis de 4.800 persoas participantes nas diferentes actividades, tanto presenciais como en liña. Un total de 106 proxectos promovidos por 243 alumnos e alumnas de 34 centros educativos de toda Galicia foron seleccionados para estes premios, que este ano estiveron centrados no sector aeronáutico e aeroespacial. Así, o primeiro premio recaeu no equipo do Colexio San Pablo V-Fátima da Rúa grazas á súa iniciativa dunha simulación de ambiente favorable á vida para o traslado a outros planetas.

Premios Galiciencia 2023 en Tercnópolo. RAMSÉS
Premios Galiciencia 2023 en Tercnópolo. RAMSÉS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta