Liberada unha persoa que quedou atrapada na ducha dun hotel en Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2023 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias liberaron a unha persoa que quedou atrapada nunha ducha en Santiago de Compostela ao sufrir unha caída e quedar encaixada entre o panel da mesma e a bañeira.

Segundo informa o 112, sobre as 08,30 horas, recibiron o aviso dun particular que estaba a escoitar berros de auxilio por unha caída na ducha dentro dunha das habitacións dun hotel situado na praza de Fonseca.

Aínda que o persoal do establecemento e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 conseguiron acceder á estancia, estes solicitaron a colaboración doutros servizos de emerxencias pois a persoa quedara atrapada entre o panel e a bañeira.

Ademais dos servizos sanitarios, no operativo para liberar ao implicado participaron os Bombeiros de Santiago, e os axentes da Policía Nacional e Local.

Unha ambulancia sae dun recinto.
Unha ambulancia sae dun recinto. | Fonte: Rosa Veiga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta