Localizado o cadáver dun home no porto de Celeiro, no concello lucense de Viveiro

Foi un particular o que chamou ao 112 pasadas as 12,00 horas deste venres para indicar que atopara o corpo dun home flotando no mar, entre unha embarcación atracada e o peirao de Celeiro.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/05/2023 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias rescataron este venres o cadáver dun home que foi localizado na auga, preto dunha barca, no porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro.

Foi un particular o que chamou ao 112 pasadas as 12,00 horas deste venres para indicar que atopara o corpo dun home flotando no mar, entre unha embarcación atracada e o peirao de Celeiro.

De inmediato, o CIAE 112 pasou aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao 061, á Garda Civil, á Policía Nacional e Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro.

Ademais, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Viveiro, que, segundo indicaron os efectivos de Protección Civil, tras recuperar o corpo, foi trasladado na embarcación que derivaran ao momento ata o peirao deportivo.

Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia.
Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta