A Xunta defende as súas axudas a produtores ecolóxicos tras a crítica destes

A Asociación de Produtores e Produtoras Ecolóxicos de Galicia (Proecogal) presentou unha denuncia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2023 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural remarca que, de acordo coas directrices comunitarias, a normativa establece que as axudas de ecolóxico "son incompatibles desde sempre coas agroambientais, neste caso coas axudas complementarias por zonas con presenza de grandes carnívoros".

Representantes da Asociación de Produtores e Produtoras Ecolóxicos de Galicia (Proecogal) interpuxeron denuncia ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) de Galicia contra a orde de axudas da Consellería de Medio Rural, do 20 de marzo de 2023, de control de fauna salvaxe por considerala "discriminatoria co sector da produción ecolóxica".

Respecto diso, Medio Rural sinala que "estas axudas complementan ás axudas agroambientais por extinsificación das explotacións gandeiras e ambas son incompatibles coas achegas para agricultura ecolóxica, de acordo coas directrices comunitarias".

No tocante á degresividade, cuxo obxectivo é favorecer as pequenas e medianas explotacións --maioritarias en Galicia--, a Xunta indica que "cabe destacar que se defendeu desde Galicia en toda a negociación da PAC, en consenso coas organizacións agrarias". Así mesmo, apunta sobre os recursos presentados que, "como non pode ser doutro xeito, todos tramítanse coa correspondente resolución".

Ecocelta Galicia é unha empresa dedicada á elaboración de abonos ecolóxicos certificados.
Ecocelta Galicia é unha empresa dedicada á elaboración de abonos ecolóxicos certificados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta