28M BNG: Lores pide o voto "por encima de afinidades e siglas"

Pontón insiste en "facer dimitir o caciquismo 2.0 de Baltar"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2023 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O candidato do BNG á reelección como alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, apelou ao voto de "querer a Pontevedra por encima de intereses, afinidades, compadreos e siglas". O rexedor nacionalista contou co apoio da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón na súa declaración pública de peche de campaña.

Rodeado dos integrantes da súa candidatura e ante a Casa Consistorial, Lores insistiu en que "o BNG é garantía dun goberno que fixo o que prometeu", fronte a alternativas "que alagaron a campaña de promesas incumplibles" ou que han "sabotado Pontevedra".

O candidato á reelección recalcou que o seu proxecto é "integrador" e ten o "aval de lograr que a nosa Pontevedra sexa un referente no mundo" mentres que "os demais teñen a pesada laxa de haber sabotado a Pontevedra".

O candidato do BNG á reelección como alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, coa líder do BNG, Ana Pontón. BNG
O candidato do BNG á reelección como alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, coa líder do BNG, Ana Pontón. BNG

ANA PONTÓN

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou que o líder do PP galego, Alfonso Rueda, "non é capaz de pór orde" no seu partido, e considera que "se tivese ética" esixiría a dimisión ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, polas multas por exceso de velocidade.


Así se pronunciou a preguntas dos xornalistas durante un acto de fin de campaña en Santiago sobre a información que publica este venres a Cadena Ser, segundo a cal a muller e a filla do chofer de Baltar foron multadas conducindo un dos coches oficiais do presidente da Deputación.

"Cada nova información que coñecemos é un escándalo máis", afirmou a líder dos nacionalistas, antes de facer un chamamento para, a través das urnas este domingo, "facer dimitir o caciquismo 2.0 de Baltar" e que desapareza "toda esa podremia", que "non é tolerable" en democracia.

SANTIAGO

Ademais, o BNG detecta que en Santiago existen "cada vez máis ganas" de que este domingo electoral se produce "un resultado histórico" de modo que a súa candidata, Goretti Sanmartín, sexa "a primeira alcaldesa" da cidade.

No último día de campaña, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, mandou a "mensaxe clara" de que na capital galega van "a por todas" este 28 de maio, nun acto xunto a Sanmartín nos soportais do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro. Ambas pediron concentrar o voto "inconformista" nos nacionalistas, co obxectivo de "deixar atrás a apatía" dos últimos anos e gobernos municipais. "É o momento de facer historia", subliñou Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta