O BNG de Ourense denuncia ante Fiscalía os audios do irmán de Baltar e pide que se investiguen

"Poderiamos estar diante da comisión dun presunto delito de suborno continuado, previsto no artigo 419 do Código Penal, así como dun delito de prevaricación, previsto no artigo 404", sinalou Bernardo Varela.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/05/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O BNG formalizou este luns unha denuncia ante a Fiscalía para solicitar que se investigue a información difundida polo períodico Público o pasado fin de semana, sobre uns audios do irmán do presidente da Deputación, Manuel Baltar, nos que supostamente se refire ao cobro de 'mordidas'.

Os nacionalistas ourensáns formalizaron esa denuncia tras publicarse esa información, que aludía a mensaxes do familiar de Baltar relativos a pagos por parte de empresas construtoras. Segundo sinalou o deputado provincial (en funcións) Bernardo Varela, "nas mensaxes mesmo se fala dunha das máximas adxudicatarias da propia Deputación".

Por esas informacións, "nas que se vincula directamente ao actual presidente do ente provincial, Manuel Baltar", é polo que o BNG decidiu acudir á Fiscalía, "para pór no seu coñecemento esta información e solicitar que se investigue". Así, "de ser o caso", que o Ministerio Público determine a "responsabilidade penal" que poida derivarse deses feitos.

"Poderiamos estar diante da comisión dun presunto delito de suborno continuado, previsto no artigo 419 do Código Penal, así como dun delito de prevaricación, previsto no artigo 404", sinalou Bernardo Varela, que expresou a súa esperanza desa denuncia "sexa vehiculizada nas canles xurídicas pertinentes".

Np Bng Ourense (+Audio +Foto) Denuncia En Fiscalía Información Publicada Irmán Do Presidente Deputación 29.05.23. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Np Bng Ourense (+Audio +Foto) Denuncia En Fiscalía Información Publicada Irmán Do Presidente Deputación 29.05.23. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E xa que a Fiscalía non fará absolutamente nada de nada... propóñolles ao BNG ser creativos por unha vez na vida, e pactar a investidura con Jácome... Se non me equivoco ese movemento posibilitaría deixar fóra de xogo ao PP e ao PSOE en Ourense, pero sobre todo faría perder a Deputación a Baltar !!! Se é posible non comprendo por que sempre se poñen de perfil... Por fin se pode descabalgar a Baltaríin e non o van facer ? Explíquense ! Pactar a Investidura non quita votar en contra de Jácome durante 4 anos enteiros e igualmente na Deputación (?) Cal é o problema ? https://www.lavozdegalicia.es/elecc...