Comezan os cursos da FEGAMP para o persoal de administracións públicas galegas

Nos cursos, que comezarán este xoves 1 de xuño, haberá materias como as novidades no procedemento administrativo local; intervención socioeducativa contra a violencia machista e ciberseguridade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) presentou o Plan de Formación Continua que proporcionará 45 cursos, en modalidade presencial e telemática, para 2.110 prazas ofertadas ao persoal das administracións galegas.

En concreto, son cursos formativos para o persoal das administracións locais como concellos, deputacións, consorcios e mancomunidades da comunidade autonómica.

Nos cursos, que comezarán este xoves 1 de xuño, haberá materias como as novidades no procedemento administrativo local; intervención socioeducativa contra a violencia machista; ciberseguridade; fondos europeos "Next Generation"; novidades de regulación urbanística; goberno aberto e procedemento tributario, entre máis de corenta contidos distintos.

Na mesma liña, dezaseis destes 45 cursos son os que comezarán ditarse mañá e os restantes 29 impartiranse do 4 de setembro ao 30 de outubro deste ano.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, nunha rolda de prensa
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, nunha rolda de prensa | Fonte: Fegamp.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta