Os Tedax da Garda Civil celebran 50 anos tras participar en máis de 5.700 incidencias en Pontevedra

Por E.P. | VIGO | 02/06/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, inaugurou este venres no Porto de Vigo a exposición sobre o 50 aniversario do Servizo de Desactivación de Explosivos e Defensa Nuclear, Radiológica, Biolóxica e Química da Garda Civil, que participou en máis de 5.700 incidencias na provincia no seu medio século de historia.

Tal como informou a Subdelegación nun comunicado, a mostra exhibe robots, material específico para a desactivación de artefactos, traxes especiais e outros dispositivos empregados polos axentes. Ademais, inclúe paneis explicativos que repasan a historia desta especialidade.

Larriba puxo en valor o traballo "especializado" dos Tedax (Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos) e reivindicou algunhas das accións levadas a cabo, como a desactivación de explosivos da banda terrorista ETA. A mostra poderase visitar ata o domingo, día 4 de xuño, e serve de homenaxe a todos os axentes caídos en servizo a nivel nacional desde a creación deste servizo.

"Estes especialistas traballan para a desactivación a diario de proxectís que aparecen en distintos puntos, procedentes na súa maioría da Guerra Civil", engadiu o Executivo central.

Imaxe da exposición dos Tedx da Garda Civil
Imaxe da exposición dos Tedx da Garda Civil | Fonte: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta