O Informe anual de violencia de xénero 2022 xa está no Parlamento

Será presentado ao longo deste mes na Cámara pola conselleira de Igualdade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou este martes ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o Informe anual de violencia de xénero 2022, elaborado polo seu departamento, así como outros dous informes específicos anexos sobre as prestacións periódicas que a Xunta concede ás vítimas de violencia de xénero e sobre as violencias sexuais.

Está previsto que o informe sexa presentado ao longo deste mes pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, en comisión parlamentaria. Segundo trasladou a Consellería, os documentos entregados este martes sitúan a Galicia "como referente no apoio dispensado ás vítimas, desde un punto de vista transversal tanto no ámbito da prevención e sensibilización, como do apoio e atención integral ás mulleres afectadas pola violencia machista".

Así mesmo, destacou que unha das últimas iniciativas levadas a cabo pola Xunta neste ámbito foi a de recoñecer ás vítimas de explotación sexual como vítimas de violencia de xénero, un feito que permite que accedan aos recursos económicos que a Administración autonómica ofrece neste ámbito, como son, entre outros, as axudas mensuais de ata 800 euros que o Goberno galego ofrece a todas as vítimas de violencia machista.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entrega ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, do Informe anual de violencia de xénero 2022
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entrega ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, do Informe anual de violencia de xénero 2022 | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta