Enfrontamento entre Xunta e BNG en comisión parlamentaria sobre bolsas de pobreza en Galicia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, respondeu á deputada Noa Presas, que sobre as baixas pensións en áreas de Ourense apuntou que son "competencias estatais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reivindicou en comisión parlamentaria unha serie de medidas postas en marcha pola Xunta para loitar contra a pobreza, en relación coa advertencia que lanzou a deputada do BNG Noa Presas, en concreto sobre pensionistas en comarcas de Ourense.

Respecto das pensións, o alto cargo do Goberno galego apuntou que son "competencias estatais", polo que "igual tiña máis sentido", na súa opinión, que o Bloque preguntase "ao Goberno de España", aínda que subliñou que a Xunta concede un complemento autonómico que na provincia ourensá beneficia a 5.200 persoas.

En canto a medidas para loitar contra a pobreza, resaltou que en 2023 a consellería "conta co orzamento máis elevado da historia de Galicia" e citou actuacións concretas como o bono social térmico, axudas a entidades sociais, o servizo de axuda no fogar, o programa 'Xantar na casa' e a coidados porta a porta. "Hai marxe de actuación ao amparo das competencias propias", avisou a parlamentaria nacionalista, tras lamentar que exista "unha bolsa estrutural de pobreza" na comunidade.

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, en comisión. CAPTURA
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, en comisión. CAPTURA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta