Volve a aperta ao Apóstolo Santiago na Catedral pero sen fotos nin selfies

Agora o rito terá un percorrido propio dentro da basílica.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2023 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O párroco alemán, Bernard Schmid, de viaxe pastoral como confesor en Compostela, foi o primeiro en abrazar este mércores a imaxe do Apóstolo Santiago na Catedral, que reabriu sobre ás 10:30, o rito do abrazo aos fieis tras máis de tres anos pechado polas condicións sanitarias da pandemia.

En poucos minutos, a Catedral e os seus exteriores xa lucían unha importante cola de persoas desexosas de abrazar ao Santo, un dos rituais inescusables á chegada a Santiago antes da pandemia. Entre os primeiros en acudir, atopábanse camiñantes nacionais e estranxeiros e turistas tanto novos como maiores, tal é o caso dunha parella que presumía de abrazar ao Apóstolo na súa anterior visita a Compostela, hai 38 anos. 

NOVAS CONDICIÓNS

Tendo en conta as dimensións da Catedral de Santiago e a necesidade de controlar o aforamento e os fluxos de visitantes, o abrazo ao Apóstolo contará agora cun percorrido propio e separado do do resto da Catedral. Os visitantes terán que entrar pola porta da Azabachería e percorrerán un tramo acoutado da nave, para saír despois pola porta de Abades, próxima á Quintana.

Así, non se mesturarán as persoas que transitan para abrazar ao Apóstolo con aquelas que visitan o resto da basílica, nin as que queren permanecer con máis calma no seu interior. A visita xeral seguirase facendo con entrada por Praterías.

En canto ao propio rito, desde a Catedral recomendan limitalo a "un abrazo", é dicir, colocar as mans sobre a esclavina do Santo, evitando pousar a cara nela ou bicala, sempre atendendo a cuestións de hixiene. O que si será unha prohibición será facerse fotos ou selfies durante o momento, non por un problema de imaxe se non para axilizar o rito e evitar que as colas sexan aínda máis longas.

Un sacerdote alemán convértese no primeiro en dar un abrazo ao Apóstolo tras a reapertura do camarín
Un sacerdote alemán convértese no primeiro en dar un abrazo ao Apóstolo tras a reapertura do camarín | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta