O PP perderá Vilardevó tras un pacto de PSOE e Interior Galego Vivo, que inclúe rotar a Alcaldía

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/06/2023 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia


O PP perderá, despois de 12 anos, o goberno de Vilardevós, tras o pacto que selaron o PSOE e Interior Galego Vivo para a formación dunha coalición de goberno durante o próximos catro anos, que inclúe rotarse a Alcaldía a metade de mandato. A socialista Eva María Pérez Magote terá o bastón de mando os primeiros dous anos e Tamara Balboa, de Interior Galego Vivo, os dous seguintes.

Segundo informou o PSOE, acordouse levar a cabo un programa "común", con presenza das dúas formacións e co obxectivo de "cumprir coa lei de transparencia e as prioridades definidas dos diferentes programas de ambos os partidos". Nos próximos días concretaranse as funcións e competencias de cada formación dentro das concellarías que xa foron distribuídas.

As concelleiras socialistas encargaranse das áreas de economía e facenda, política social e mocidade, persoal e réxime interior, e urbanismo e infraestruturas, mentres que IGV terá as áreas de festexos, cultura, deporte, asociacionismo e protección civil, xunto con desenvolvemento rural e medio ambiente.

No acordo alcanzado na tarde deste luns e que este venres será asinado diante dun notario establecerase que o PSOE gobernará desde O 17 de xuño de 2023 ata o 2 de marzo de 2026, mentres que IGV farao desde o 2 de marzo de 2026 e ata a constitución da próxima corporación municipal en xuño 2027.

FIN A 12 ANOS DE GOBERNO DO PP

IGV terá a 1ª tenencia de alcaldía ata que se produza o cambio de alcaldesa, pasando esta a o PSdeG-PSOE, que tamén terá a 2ª tenencia de alcaldía durante os próximos 4 anos, na figura de Marina Lovelace.

Con este acordo o PSdeG- e IGV pon fin a 12 de anos de goberno do Partido Popular e abren, remarcan os socialistas, "un novo tempo" para o municipio e os seus veciños.

Casa do Concello en Vilardevós
Casa do Concello en Vilardevós | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta