Aparece o corpo sen vida dun xinete desaparecido no río Verdugo

Home e animal caeron mentres atravesaban o río.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2023 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun xinete desaparecido este sábado no río Verdugo, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Soutomaior, apareceu a escasos metros de onde se lle perdeu a pista.

Segundo informou o 112, un equipo do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do helicóptero Pesca I localizou o cadáver. Para recuperar o corpo, contouse coa intervención do grupo subacuático do parque municipal de bombeiros de Pontevedra.

Tratouse dun operativo que contou coa participación de distintos grupos de intervención e corpos de seguridade, mobilizados desde diferentes puntos próximos ao concello de Soutomaior, onde desapareceu o xinete cando realizaba unha ruta cabalar.

Pasaban varios minutos do sete da tarde de onte cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa que participaba na mesma actividade e viu como o home caeu do cabalo mentres atravesaban o río Verdugo, á altura da Casa de Marzo. O animal conseguiu saír da auga, pero o home perdeuse de vista ata que un tres horas máis tarde apareceu sen vida practicamente no mesmo sitio.

Nesta operación interviñeron os Bombeiros de Pontevedra e Morrazo, os membros do GES de Mos, os voluntarios de Protección Civil de Soutomaior e os axentes da Garda Civil.

Cabalos
Cabalos | Fonte: Concello de Teo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta