Regades di que a lista do PSdeG é "100% de Pontevedra" tras elixir o PPdeG ao coruñes Pedro Puy como número un

O secretario dos socialistas de Pontevedra lembra que nos pasados comicios tamén a coruñesa Yolanda Díaz foi de número un por Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O cabeza de lista do PSdeG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, David Regades, destacou que a candidatura dos socialistas é "100% de Pontevedra" e "involucrada co territorio" fronte a partidos con candidatos de "outras xurisdicións" ou mesmo doutras comunidades autónomas.

"Vímolo fai catro anos, cando pola provincia de Pontevedra participou Yolanda Díaz, sendo doutra provincia; e vémolo agora como o PP trae a unha persoa, un militante de Santiago, a alguén que vive en Santiago pola provincia de Pontevedra", sostivo.

Así o destacou este luns en declaracións aos medios acompañado por integrantes das candidaturas do PSOE ás eleccións xerais do próximo 23 de xullo, entre eles a 'número un' ao Senado, Carmela Silva.

Na súa intervención, Regades destacou que a candidatura do PSdeG-PSOE nace da "democracia interna do partido" fronte a outros partidos que optan pola "designación da súa dirección". "A nosa candidatura escolleuse pola militancia, polos e as militantes da provincia de Pontevedra, que por unanimidade escolleron os seus representantes para as próximas eleccións xerais", sostivo.

Integrantes das candidaturas do PSdeG pola provincia de Pontevedra para as eleccións xerais do 23 de xullo. PSDEG
Integrantes das candidaturas do PSdeG pola provincia de Pontevedra para as eleccións xerais do 23 de xullo. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta