Rueda reivindica a "revolución silenciosa" da FP en Galicia, que estrea grao en automoción de competición

O presidente galego inaugura en Lugo o novo ciclo formativo de grao superior en Mecánica de competición no CIFP As Mercedes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou que a Formación Profesional galega afronta unha "revolución silenciosa" de cara ao próximo curso coa "maior oferta da historia" en prazas e titulacións.

O mandatario autonómica inaugurou este mércores en Lugo o novo ciclo formativo de grao superior en Mecánica de competición, creado en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e que se imparte no CIFP As Mercedes, centro provincial de referencia en programas de FP básica e dual con perfil técnico relacionados con Enerxía e Auga e con Automoción.

Rueda percorreu as instalacións do centro educativo acompañado polo director do mesmo, Joaquín Expósito, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Troitiño, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

"Queriamos dar un salto na nosa oferta formativa, e este salto empeza hoxe. É unha formación que aos estudantes gústalles, xa que dentro da automoción a competición é o máximo", afirmou o director do CIFP As Mercedes, Joaquín Expósito.

Pola súa banda, Rueda afirmou que a FP vive unha "revolución silenciosa" en Galicia e avogou por continuar ampliando a oferta formativa con novas titulacións e camiñar pola senda da flexibilización de criterios para dar facilidades ao alumnado.

Rueda reivindica a 'revolución silenciosa' da FP en Galicia, que estrea grao en automoción de competición
Rueda reivindica a 'revolución silenciosa' da FP en Galicia, que estrea grao en automoción de competición | Fonte: DAVID CABEZON

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta