A CRTVG inclúe na súa cobertura das eleccións a Vox "como grupo significativo" e a Sumar como forza "representativa"

Propón celebrar un debate de sesenta minutos o vindeiro 14 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Plan de cobertura da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para as eleccións do 23 de xullo inclúe nos seus bloques informativos sobre a campaña electoral á coalición Sumar como representativa en atención aos resultados obtidos por En Común-Unidas Podemos en 2019, así como a Vox como grupo significativo a pesar de que a formación non logrou representación por Galicia nos anteriores comicios.

O propio documento de cobertura que propón a CRTVG apunta que se incluirá ás candidaturas daquelas forzas políticas que non se presentasen ás anteriores eleccións equivalentes ou non obtivesen nelas representación e posúan a condición de "grupo político significativo". Con todo, precisa que a cobertura non poderá ser igual ou superior á dedicada ás candidaturas que si obtiveron representación.

Ademais, indica que a información da campaña responderá os principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa e que a duración dedicada a cada formación axustarase proporcionalmente aos resultados obtidos nos últimos comicios.

DEBATES E ENTREVISTAS SEN VOX

O plan de cobertura contempla que a CRTVG organizará un debate multimedia de sesenta minutos o día 14 de xullo e que se emitirá en directo entre as 10,00 e as 11,00 horas a través da TVG, a Radio Galega e o portal web G24.gal. Ademais, volverase a retransmitir pola TVG2 ás 23,00 horas dese mesmo día.

A este debate serán convidadas as formacións políticas que obtivesen representación nalgunha do catro circunscricións provinciais galegas nas eleccións xerais de 2019 e poderán participar nas persoas integrantes das candidaturas. Deste xeito, queda fora Vox.

Os tempos serán libres e configuraranse en base a tres bloques temáticos: situación política actual, gobernación e modelo de Estado; servizo sociais e atención á cidadanía; economía, industria, infraestruturas e fiscalidade.

Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate electoral
Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate electoral | Fonte: CRTVG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

7 Bilingüismo harmónico

Galego na Galiza (e en Portugal, Brasil etc. se toca), Inglés no resto do mundo. Pra que queremos aprender unha lingua de cabreiros cando temos a nosa que é tan potente en Europa? Non á imposición do castelán en Galiza: liberdade.

6 Nefelibata

Evidentemente, o mellor é que estea en inglés. En galego en Galicia. A quen se lle ocorre. Só aos pérfidos nacionalistas galegos! Vivo sen vivir en min pensando no teu terrible sufrimento. Oh, que os teus ollos teñan que atoparse coa lingua galega, esa lingua imposta polos seus falantes dende hai séculos. A lingua da valente María Pita. Oh, oh, oh, oh...... Que tristeza! Por favor, sacade novas e entrevistas sobre a lingua porque xa había tempo que non me ría tanto.

5 Gamela

Mentres se empregue a lingua ou a defensa da lingua coma arma política, sexa pola forza política que sexa, a posibilidade de chegar a un gran consenso é remota. E unha pregunta se alguén pode respondela: ¿en qué consiste o Modelo Burela?

1 Marta Gómez Ocampo

Ola! O modelo Burela é un modelo de normalización ou máis ben de planificación lingüística no que se implican tanto docentes e alumnos, coma o propio concello así coma as familias. Está dando uns resultados excelentes e é un referente a nivel europeo. Burela é un Concello da Mariña de Lugo. Traballan coa língua e sobretodo cos prexuízos que poden ter OS mozos e mozas sobre o galego. Así, moi resumidamente. Teñen un documental en youtube no que podes ver en que consiste o modelo. Un saúdo

2 Galegus

Pues por lo pronto acabo de entrar en la página web del concello de Burela y parece estar SOLO en gallego, aunque observo que algunos contenidos están en castellano. Sin embargo carece de la posibilidad de escoger el idioma oficial, y el modelo de solicitud está sólo en gallego. Si esto es la maravilla, apaga y vámonos.

3 Gamela

Moitas gracias, Marta. https://youtu.be/aOB_4vQrVec Semella que temos moito que aprender do Modelo Burela. A lingua é un tesouro que debemos preservar, non é patrimonio político de ninguén! Converter a lingua en "doutrina nacionalista" é un grave erro que algúns seguen sen querer ver! https://youtu.be/WrGF6iY3uzQ Graciñas

4 fartodalingua

El que quiera jallejo, pues jallejo. El que desee español, pues español y los que quieran fity-fifty, pues también. No problem para la más que necesaria introducción del inglés, de modo que en los modelos "monolíngües" sea del 50% y en el de mitad y mitad, pues algo parecido al obligatorio actual. La única salvedad es que las asignaturas de Lengua y Literatura española y Língüa y Literaturiña Jalleja para andar pola casa, se oferten en la lengua correspondiente

3 Ramón Otero

La "receta" es conocida y se aplica en muchos países de nuestro entorno, incluída Finlandia, cuyo sistema educativo está reconocido como uno de los mejores del mundo. Libertad de elección de lengua vehicular. Respeto a los derechos de los padres para escoger en cual de las lenguas oficiales quieren que se eduquen sus hijos y que de este modo los alumnos se eduquen en su lengua propia, materna o como queramos llamarle: No podemos olvidar que la lengua es propia de las personas, no de los territorios, realidad que a muchas personas parece no gustarle

1 nostrus

Exacto, cada persona sabe cal é a sua lingua propia sin que ninguen teña que decirllo. O galego só é lingua propia dos galegos que a teñen como tal e non o será dos galegos que non saben falalo. Estudar en español é un dereito dende hai seculos e si agora se pode ampliar a estudar en galego pois chapeau, pero o que non se pode facer é trocar o dereito a estudar en español por estudar en galego. Falamos de dereitos das personas, non de direitos das linguas e a sua utilidade.

2 Nefelibata

Non semellas saber moito sobre o sistema finlandés que tanto loas porque lingua e territorio alí están máis relacionados do que ti pensas. A verdade é asombroso este afán tan español de buscar sempre o excelente allende los Pirineos. Para que te vaias facendo unha idea: https://es.wikipedia.org/wiki/Sueco... A min non me gusta este modelo, nin acho que sexa o axeitado para Galicia xa que, por se non o sabedes o sueco e o finlandés non é que non pertenzan á mesma familia lingüistica e que non pertencen nin ao mesmo grupo (o sueco é unha lingua xermánica de orixe indoeuropeo e o finés é unha lingua ungrofinesa). Galego e castelán son linguas moi semellantes por se non vos decatastes tampouco, porque claro o pensamento obsesivo é o que ten: non che permite fixarte nos pequenos detalles.

3 Nefelibata

Matizo: non me gusta este modelo para Galicia. Pero o que máis me asombra do exemplo finés que tanto vos gusta usar, é que se soubésedes algo de historia decatariadesvos de que o finés non foi lingua oficial en Finlandia ata 1882 (se non me equivoco porque cito de memoria) grazas aos movementos nacionalistas. A ver se vos documentades un pouquiño... Magoame, coma xa escribín que sexan galegos os que tanto nos desprecian aos falantes da lingua galega acusándonos de impoñer a lingua dos nosos pais e nais... Vós facédesme sentir estranxeira na miña terra e eu nunca vos faría isto a vós porque son unha orgullosa falante de galego que ama a súa segunda lingua, o castelán, con paixón.