Buscan a dous individuos que deixaron inconsciente a un home en Vilagarcía

Os feitos foron gravados por unha cámara de seguridade, polo que a policía dispón das descricións dos dous implicados.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/07/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Policía busca a dous individuos acusados de deixar inconsciente a outro home que estaba ferido e presentaba un golpe na cabeza na Praza Martín Gómez Abal de Vilagarcía de Arousa.

Nun comunicado, o Concello de Vilagarcía explica que, tras ser alertados por dous homes, a Policía Local e a Nacional atoparon na zona ao home ferido e inconsciente, que era atendido polos dous homes que deran parte do incidente, así como por unha muller que abandonou o lugar sen identificarse.

Ao fuxir do lugar as persoas implicadas na pelexa, os axentes accederon á gravación dunha cámara de seguridade que captou a discusión e posterior pelexa entre os tres homes, polo que dispoñen da descrición e levan a cabo as pescudas para dar cos dous agresores.

Segundo detallou o Consistorio, na gravación tamén se ve á muller que tentaba separalos e que foi avisar aos outros dous homes que aparecen posteriormente nas imaxes. As testemuñas sinalaron que, nun primeiro momento, o agredido incorporouse e sentou, caendo minutos despois e quedando inconsciente, sen responder a ningún tipo de estímulo e cun tremor nunha man. Así, foi trasladado ao Hospital do Salnés.

A poucos metros do ferido atopouse un sobre cunha sustancia que parecía marihuana e un chisqueiro, así como un teléfono móbil e unha carteira que contiña o DNI da vítima, o que permitiu identificala.

Coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta