A popular Teresa Villaverde seguirá á fronte do Concello de Lousame

A alcaldesa ten como obxectivo dar "continuidade" aos proxectos en marcha despois de catro anos marcados pola pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O Concello de Lousame foi constituído na tarde deste venres cun pleno de investidura no que volveu a ser elixida como alcaldesa a popular Teresa Villaverde, que encadea máis dunha década á fronte do goberno local. A sesión constitutiva tivo lugar ás 18,00 horas deste venres tras ser aprazada, do mesmo xeito que noutros oito municipios da zona, por unha reclamación electoral presentada polo PSOE no partido xudicial de Noia.

Deste xeito, a maioría absoluta renovada o pasada o pasado 28 de maio polo Partido Popular --que perdeu un edil respecto de 2019-- permitiu a reelección de Villaverde, alcaldesa de Lousame desde 2011, cando relevou a Santiago Freire, quen tamén foi investido este venres como rexedor do veciño municipio de Noia. En declaracións a Europa Press tras finalizar o pleno de investidura, a alcaldesa fixou como obxectivos do mandato recentemente iniciado dar "continuidade" aos proxectos en marcha despois de catro anos marcados pola pandemia.

Acondicionar os núcleos rurais, acometer melloras nas infraestruturas, impulsar a constitución de comunidades enerxéticas ou estender a cobertura de redes móbiles e levar a fibra 5G a todo o territorio municipal son algunhas das metas que se marca Teresa Villaverde no que será o seu cuarto mandato como rexedora de Lousame.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. XUNTA
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta