Paula Mayor e Cristian Caruncho, gañadores do XVIII Premio Castelao de Banda Deseñada

Paula Maior e Cristian Caruncho foron os gañadores do XVIII premio Castelao de Banda Deseñada convocado pola Deputación da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2023 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Paula Maior e Cristian Caruncho foron os gañadores do XVIII premio Castelao de Banda Deseñada convocado pola Deputación da Coruña. Segundo informou a Deputación, na modalidade xeral foi seleccionada a obra 'Rosalía Oculta' da autoría de Paula Maior, e na modalidade LIX foi seleccionada a obra 'O día de San Martiño' de Cristian Caruncho.

Nesta edición o xurado estivo composto por ilustradores cunha "recoñecida traxectoria" na creación de banda deseñada como David Rubín, Emma Ríos, Anabel Colazo e os gañadores do pasado ano Siqi Luís Yang e Uxía Larrosa.  Da obra 'Rosalía Oculta' o xurado remarcou a súa orixinalidade á hora de abordar un xénero como biográfico escapando do relato histórico para pór o foco na parte humana da icona literaria.

Ademais, valoraron positivamente a estética "moi delicada" que casa "perfectamente" co espírito romántico e decimonónico da obra de Rosalía de Castro. Por outra banda, da obra 'O día de San Martiño' o xurado puntualizou que o rural galego "é o latemotiv" que escolle o 'western' e o manga como soportes para achegalo a "unha ampla audiencia" abordando a mestura de xéneros dunha "forma honesta e madura".

Desta forma, incidiu no valor do debuxo e a narrativa "moi ben executados" e o "descaro divertido" que enlaza "moi ben" todos os xéneros dentro da cultura pop. Cada un dos premios está dotado con 6.500 euros, ademais da publicación das obras.

Paula Mayor e Cristian Caruncho
Paula Mayor e Cristian Caruncho | Fonte: Deputación da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta