Abanca case triplica os beneficios con respecto a hai un ano

Gaña 277,5 millóns no primeiro semestre con Portugal como "valor estratéxico".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Abanca rexistrou un beneficio atribuído de 277,5 millóns de euros no primeiro semestre de 2023, o que supón multiplicar por 2,6 o que se anotou no mesmo período do ano anterior (+164,8%), segundo a presentación de resultados.

O presidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet, destacou na presentación destes datos que se trata dun resultado baseado no dinamismo do negocio 'retail' e no "sólido perfil financeiro" de Abanca.

O conselleiro delegado, Francisco Botas, que debullou os datos, cualificounos "recorrentes" e valorou que son de "alta calidade". A entidade superou as 66.000 altas de clientes no primeiro semestre de 2023, e Portugal, que para Abanca ten "un valor estratéxico", supón o 43% dese incremento. 

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco, na presentación de resultados de 2019. ABANCA - Arquivo
O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco, na presentación de resultados de 2019. ABANCA - Arquivo | Fonte:

Neste contexto, Escotet referiuse precisamente a unha "contorna que segue mostrando unha gran resiliencia", con "clara previsión á alza nas previsións de crecemento", o emprego "mellorando" e unha inflación que presenta "síntomas de diminución", aínda que a subxacente é "persistentemente alta e tardará en axustarse".

En canto á subida dos tipos de interese, constatou que "evidentemente" xera unha "tendencia" a amortizar "en forma acelerada" os préstamos, pero agregou que "o importante" para Abanca é que a pesar diso "as novas formalizacións permitiron ter un incremento neto" nas súas carteiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta