A nedilación o novo descubrimento dun equipo da USC que abre vías para tratar a diabetes

O descubrimento tratase dun mecanismo esencial que regula a producción hepática de glicosa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lideran unha investigación na que se descubriu un mecanismo "esencial" para a regulación da produción hepática da glicosa, segundo informa. Respecto diso, explican que o mantemento dos niveis de glicosa (azucre) no sangue esixe unha serie de mecanismos coordinados en resposta á dispoñibilidade ou non de comida.

"Así, durante o xaxún prodúcese glicosa para previr unha baixada excesiva (hipoglucemia), mentres que despois das comidas, a produción de glicosa está inhibida para evitar o seu exceso descontrolado (hiperglucemia)". Tamén sinalan que o fígado xoga un papel crave neste proceso ao ser o principal produtor de glicosa do corpo.

Agora, o grupo Molecular Metabolism, dirixido dende o CiMUS da USC por Rubén Nogueiras e María Luz Martínez-Chantar, acaba de descubrir "un novo mecanismo esencial na regulación de laproducción hepática da glicosa: a nedilación".

Investigadores da US
Investigadores da US | Fonte: Europa Press

Este traballo acaba de ser publicado na revista científica máis importante neste campo Cell Metabolism, "abre a vía a novos enfoques terapéuticos para a abordaxe da diabetes, considerada a sétima causa de morte en todo o mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS)", subliñan os responsables da investigación.

O estudo, coordinado dende o CiMUS da USC por María Jesús González Rellán e Uxía Fernández Paz como primeiras autoras, conta, ademais, coa colaboración de diferentes grupos de investigación do centro singular da USC, do CIBEROBN, a Clínica Universidade de Navarra, o CIC Biogune e a Universidade de Sevilla, así como grupos internacionais de Alemaña, Suíza e Francia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta