A Xunta mellora desde este fin de semana a frecuencia dos servizos de autobús entre O Grove e Pontevedra

Por E.P. | PONTEVEDRA | 04/08/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A Xunta mellora desde este domingo, seis de agosto, a frecuencia dos servizos nocturnos de autobús entre O Grove e Pontevedra, co axuste de dous horarios na madrugada dos domingos.

Concretamente, na liña nocturna entre O Grove e Pontevedra que funciona nos fins de semana durante os meses de xullo e agosto adiántanse dúas expedicións para facilitar viaxes de volta en horarios intermedios aos actuais.

En sentido O Grove-Pontevedra haberá un novo servizo o domingo ás 05,00 horas, que substitúe ao das 07,30 horas para atender aos usuarios que se queiran desprazar na franxa horaria intermedia entre o autobús das 03,30 e o das 07,00 horas.

O servizo que viña saíndo ás 05,00 horas de Pontevedra cara ao Grove adiantará o seu horario ás 04,00 horas, polo que os usuarios disporán de autobuses ás 02,00, ás 04,00 e ás 06,00 horas. Esta liña conta con paradas en distintos puntos do Grove, Sanxenxo, Poio e Pontevedra.

Cos axustes aprobados, os usuarios dispoñen de 12 servizos na noite do sábado ao domingo, 6 expedicións do Grove cara a Pontevedra entre as 21,30 e as 07,15 horas; e outras 6 expedicións no sentido inverso con saídas de Pontevedra entre as 21,30 horas e as 06,00 horas.

Autobús municipal Servizo
Autobús municipal Servizo | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta