Financiouse o PP con diñeiro do contrabando e do narcotráfico?

O ex secretario de Organización do Partido Popular de Galicia, Pablo Crespo, di que “escoitou falar” dese tipo de financiamento nos “primeiros albores” de Alianza Popular. Asegura que se sorprendeu cando soubo que Marcial Dorado se adicaba ao narcotráfico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

¿Recibió el PP dinero procedente del narcotráfico o del contrabando?

Pablo Crespo nun acto do PPdeG
Pablo Crespo nun acto do PPdeG | Fonte: losgenoveses

En mi etapa, no.

¿Y antes?

No lo sé. Siempre he oído hablar de esa financiación, que se habría producido en los primeros albores de Alianza Popular (AP)

É a resposta de Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PPdeG ata 2003 e presidente da firma Special Events, a principal empresa investigada na Operación Gürtel de financiamento irregular do Partido Popular, cando se lle pregunta polo financiamento deste partido en Galicia durante a súa etapa como dirixente.

Nunha entrevista no diario Público, Crespo, recoñece que nese tempo ao fronte da formación en Galicia ingresábase diñeiro en B. “Había de todo, sí. Desde el afiliado que donaba 1.000 pesetas hasta el empresario que daba 300.000 o un millón de pesetas”, di ao recoñecer que un parte do diñeiro negro que ingresaba o PP de Galicia ía a parar a Génova.

Precisamente, sobre este diñeiro irregular, di que ten “muchas pruebas”. “Y las tengo porque siempre he sido muy ordenado en mi trabajo. Mucho, porque hablamos de una labor que depende básicamente de la confianza y eso implica una doble obligación: demostrar a la gente que ha confiado en ti que, aunque te dejen mano libre para administrar como tú consideres conveniente, eres digno de esa confianza, por lo que me obligaba a reportar constantemente que mi trabajo era efectivo. Y reportaba a mis dos jefes que, en el momento que estaba en el partido, eran Pepe Cuiña y Manuel Fraga. Reportar significa organizarse y organizarse, hacer papeles y guardarlos. Una parte de esos papeles los tiene la policía y otros, una gran parte, no, aunque tampoco tienen interés penal, pues son asuntos que habrían prescrito”, apunta.

Neste sentido, lembra que cando foi secretario de Organización do PPdeG fixo un informe global da súa xestión, incluído o sistema de contabilidade b, que entregou a Manuel Fraga e a Xosé Cuiña, entón número dous do PP en Galicia, con copia a Álvaro Lapuerta na sede do PP en Génova. Nese informe daba conta de quen cobraba en B porque lles facía asinar recibís. “La cuestión es que tengo muchísimos más, porque yo he recibido donativos y apuntaba cada donativo, quién lo daba, la cantidad y, posteriormente, cada céntimo que salía de esa caja de ingresos b. Porque yo presentaba informes trimestrales en los que certificaba los ingresos, los gastos y lo que restaba”, lembra.

Na súa etapa como secretario de Organización del PP de Galicia, Crespo adquiriu experiencia en actos electorais, que logo aproveita cando se pasa a presidir a empresa de Francisco Correa. “Como cliente, yo había sido muy exigente con él y él había trabajado muy bien con nosotros, con excelentes resultados en las campañas”, sinala nesta entrevista ao lembra o traballo de Special Events nas campañas galegas. 

Logo do caso Gürtell todos os dirixentes do PP se distanciaron del e de Francisco Correo... ou case todos. Un dos que fala moi ben do principal imputado da Gürtel é Arsenio Fernández de Mesa, o director xeral da Garda Civil, que aínda se refire ao seu “amigo Correa”. “Cuco pasó muchos años en el aparato del partido y tenía que supervisar trabajos”. Non lle consta actuación irregular do ex delegado do Goberno en Galicia pero si unha gran “amistad” con Correo.

Crespo tamén se refire á relación entre Alberto Núñez Feijóo e Marcial Dorado. “No conozco a Marcial Dorado y no conocía su amistad con Feijóo”, apunta e sinala que, aínda que Dorado está condenado por narcotráfico, nunca escoitara que se adicaba ao narcotráfico. “Fíjese. Sí al contrabando, pero no a la droga. Me sorprendió. Y yo he sido presidente del PP en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), en donde se sabía perfectamente quién se dedicaba a qué”, suliña.

Sobre Manuel Fraga lembra que “dijo muchas tonterías, no se le puede creer todo. La gente le tenía mucho miedo, pero había que ganarse su respeto y no dejarse pisar por él. Porque a los que se dejaban, los pisoetaba. Y los pisoteó siempre”,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Felix

Sen necesidade de insistir nas fotos de Feijóo con Dorado (que até onde chego, foron difundidas nunha operación de venganza persoal, non política), hai episodios que xustifican a sospeita ao 100 %. Xa en 1989, co gallo da campaña ás primeiras elecións autonómicas que gañou Fraga, en Soutorredondo celebrouse unha xuntanza na que se recadaron cartos e á que asitiron como invitados alomenos dous contrabadistas; sen comiñas, pois foron condenados polo que só era (é) unha falta administrativa. Hai fotos da xuntanza que, por certo, non publicaron nengún dos medios "serios" aos que foron subministradas. Tamén compre lembrar a detención na Operación Nécora de Terito (medalla de ouro do PP de Pontevedra). A "película" ten longo percorrido...

4 andan ahí, ahí....

Ainda non entendo porque alguén (fiscalía, periodismo de investigación...) non busca tamén outros lazos do PP. Poden empezar pola familia do alcalde de Xinzo, alias "O Chavelleiro". O día que se descubra onde agocha os cartos e a súa procedencia, alguén quedará coa boca aberta.

3 Santiso

Non. Todo o mundo o sabe. Financiose coa venda de GALICOLA.

2 FUMIGACION NACIONALISTA!

a unica solución contra a PPeste - https://www.facebook.com/#!/video.php?v=811892828860348&set=vb.128341470548824&type=2&theater¬if_t=notify_me

1 xose carlos

O titular está mal, sobra a interrogación.