Rescatan tres surfeiros que non podían saír do mar en Valdoviño

Dous dos deportistas puideron alcanzar un cantil, onde buscaron acubillo con axuda dos bombeiros, mentres que o terceiro foi evacuado no helicóptero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2023 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Tres surfeiros foron rescatados ilesos fronte na zona de Valdoviño na tarde deste luns, despois de que se atopasen con dificultades para saír do mar.

Segundo informou o 112 Galicia, a alerta activouse pouco antes das 17,00 horas, cando os servizos de Emerxencias recibiron a chamada dun particular avisando da presenza de tres persoas nunhas rocas, que non podían acceder a terra polas malas condicións do mar.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, CIAE, puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros de Ferrol, e de Salvamento Marítimo, que mobilizou aos rescatadores a bordo do Helimer.

Dous dos deportistas puideron alcanzar un cantil, onde buscaron acubillo con axuda dos bombeiros, mentres que o terceiro foi evacuado no helicóptero. Todos foron rescatados en bo estado de saúde e, en todo momento polos socorristas da praia. O operativo completouse coa colaboración de axentes da Policía Local.

Helicóptero Helimer 401
Helicóptero Helimer 401 | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta