O PSdeG cualifica de "insustentable situación" a ausencia de xefes de brigadas anti incendios

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, responsabilizou ao Goberno galego dunha situación "lamentable" que aboca a afrontar os lumes con brigadistas que participaron nun curso formativo de 16 horas presenciais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2023 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, presentou unha proposición non de lei na que esixe ao conselleiro do Medio Rural, José González, que actúe ante "a insustentable situación" provocada "pola falta de xefes das brigadas de prevención de incendios" necesarios para que os concellos poidan constituílas".

Así o ratificou nun comunicado no que tamén remarca "a escasa formación que reciben os brigadistas" e emprazou á Xunta a cambiar este modelo "pouco axustado á realidade".

Dacosta responsabilizou ao Goberno galego dunha situación "lamentable" que aboca a afrontar os lumes con brigadistas que participaron nun curso formativo de 16 horas presenciais, "formación insuficiente para tan alta responsabilidade".

A representante socialista levou ao Parlamento as "alertas reiteradas en distintas ocasións" manifestando que non comparte un modelo de defensa contra o lume que "non se axusta á realidade existente no territorio galego, nin a virulencia dos incendios actuais".

Xunto coa falta de dispoñibilidade de xefes de brigadas en varios municipios, incidiu en que os concellos están "de forma continuada asumindo competencias impropias", e emprazou ao Executivo autonómico a cambiar este plan de oferta de convenios ás entidades locais de brigadas de incendios cara a "un servizo único, estable, profesional e equipado" dependente da Xunta.

Un avión de extinción de incendios / César Argina - Europa Press. / Europa Press / Europa Press
Un avión de extinción de incendios / César Argina - Europa Press. / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta