Os traballos de limpeza na estrada PO-549, en Vilanova de Arousa, empezarán a próxima semana

Tamén continuarán os traballos noutras estradas xa iniciadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A Xunta comezará a próxima semana os traballos de limpeza na estrada PO-549, ao seu paso por Corón, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa. O Executivo galego informou, nun comunicado, que continuarán as tarefas que se desenvolven nas últimas semanas nas marxes das vías autonómicas do catro provincias.

Así, as actuacións consisten no rozamento da vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes e de camiños peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Por tanto, na provincia da Coruña continuará a execución das actuacións xa iniciadas na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño. No que respecta á de Lugo, proseguirán as tarefas na LU-540 ao paso polos municipios de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade. Con todo, na de Ourense, retomarán os traballos da estrada OU-536 no concello do Pereiro de Aguiar.

Na provincia de Pontevedra, continuarán as obras en execución nas marxes da AG-56, que une Moaña e Cangas, e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na do Morrazo(CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Roza de estradas autonómicas
Roza de estradas autonómicas | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta