Valdoviño convértese no epicentro do surf mundial

O Abanca Pantin Classic Galicia desenvolverase ata o vindeiro domingo coa presenza de máis de 200 deportistas de case vinte nacionalidades

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2023 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a importancia de eventos como o Abanca Pantin Classic Galicia Prol 2023, proba valedoira para o World Surf League (WSL) cun QS de 3.000 puntos, "para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo". A competición desenvólvese desde este sábado e ata o vindeiro domingo, 3 de setembro, na praia de Pantín, en Valdoviño.

Ditas manifestacións realizounas no mediodía deste luns, no areal de Ferrolterra durante a presentación oficial da 36ª edición dunha das probas de surf máis importantes do calendario internacional, onde estivo acompañado, entre outros, pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e os rexedores de Valdoviño, Alberto González (PSOE) e Ferrol, José Manuel Rei Varela (PP).

Merelles destacou a relevancia deste certame, por ser o único evento de surf profesional internacional que se celebra en España. Engadiu que apostar por eventos deportivos de primeiro nivel como este permiten non só situar a Galicia como referente do turismo deportivo senón tamén avanzar no desenvolvemento dun modelo turístico sustentable e de calidade.

Pola súa banda, Martina Aneiros, puxo en valor o respaldo do Goberno galego ao evento, do que destacou "non só a súa importancia a nivel deportivo, senón tamén turístico", xa que conta desde o ano 2013 coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Ademais, destacou a "quen concibiu o Pantín Classic hai xa 36 anos, apreciando o que esta paraxe de Ferrolterra ten para ofrecer" e "creando este campionato en aras de dar a coñecer un deporte tan espectacular como este".

Presentación da Pantín Classic. XUNTA
Presentación da Pantín Classic. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta