Arco Iris pide a declarar o eucalipto especie invasora por "saúde ambiental"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2023 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris reclamou á Xunta e ao organismo Augas de Galicia a protección dos ríos de Galicia Costa do eucalipto. por un motivo de "saúde ambiental". Tamén solicita que o declare especie invasora "polo menos" na zona de dominio público hidráulico da comunidade galega.

Nun comunicado, a entidade sinala que segundo un documento interno da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), o eucalipto "debe ser considerado unha especie invasora e o seu uso prohibido na zona de protección dos cursos fluviais que dependen da CHMS, o 56% da superficie de Galicia".

Esa cualificación, engade, non foi apoiada pola Xunta, que "unicamente decretou unha moratoria parcial despois dos devastadores incendios de Portugal en 2017".  Arco Iris indica, ademais, que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) "tampouco atendeu as reclamacións dos grupos ecoloxistas" que demandaron "en repetidas ocasións" que esta especie exótica sexa incluída na listaxe española de especies invasoras.

Bosque de eucaliptos
Bosque de eucaliptos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta