O BNG reclama medidas urxentes para Atención Primaria mentres Sanidade nega "sobrecarga" no servizo

O conselleiro acusou ao BNG de promover unha política "alarmista" a este respecto e rexeitou que se destine un millón de euros ao mes á sanidade privada, como sostivo a parlamentaria nacionalista Montserrat Prado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, negou "sobrecarga" en Atención Primaria aínda que admitiu que hai un "problema" de falta de profesionais, en resposta a unha pregunta presentada polo BNG que denunciou tamén falta de ambulancias, así como centros que só atendían urxencias este verán.

Na súa intervención no Parlamento galego, o conselleiro acusou ao BNG de promover unha política "alarmista" a este respecto e rexeitou que se destine un millón de euros ao mes á sanidade privada, como sostivo a parlamentaria nacionalista Montserrat Prado.

"Non sei de onde o saca", expuxo Comesaña quen asegurou que o Goberno autonómico do PP é "o que menos pacientes deriva á privada". "Saben que o problema é a falta de especialistas", recalcou.

Ademais, sobre as denuncias do uso de taxis para desprazar a médicos, incidiu en que todos os centros de saúde teñen conveniado este servizo para levar aos profesionais "a domicilios" e sobre as de problemas en concellos como Moaña cuestionou por que a alcaldesa "tardou dous anos en dar os terreos para un centro de saúde".

A deputada do BNG reclamou, á súa vez, que "o millón de euros que cada mes a regala á sanidade privada destíneos á pública" e céntrese "en dar resposta aos galegos e galegas".

REQUISITOS MIR

O conselleiro insistiu na demanda da Xunta ao Goberno central para que modifique os requisitos MIR, ademais de poder ampliar a idade de xubilación aos 72 anos. Por outra banda, replicou ao BNG que "hai 5.000 profesionais máis que cando vostedes gobernaban", en referencia ao bipartito.

Ademais, rexeitou unha situación de "sobrecarga". "O problema é que non podemos cubrir as baixas nin as xubilacións", engadiu sobre os médicos. Con todo, remarcou que máis do 80% teñen en Atención Primaria "a súa praza en propiedade, iso non é precariedade".

Mentres, a parlamentaria nacionalista esixiu recursos e profesionais "para que traballen en condicións". "Ten a obrigación de resolver os seus problemas e non o está facendo", sentenciou ante o que cualificou como unha "deterioración continua" da sanidade pública.

Centro de saúde en Caldas / Europa Press / Europa Press
Centro de saúde en Caldas / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta