Animalistas acusan á Xunta de "sementar os montes de chumbo" tras dar vía libre ás batidas contra xabaríns

Apostan por "medidas non letais"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2023 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Animalistas advertiron que a declaración da Xunta de "emerxencia cinexética" para permitir a caza de xabaril en 248 municipios de Galicia provocará un "rebote" da poboación desta especie.

Nun comunicado emitido este xoves, un día despois do anuncio feito polo Goberno galego para autorizar a caza "sen límite" de xabarís no 80% da comunidade, a Fundación Franz Weber censurou que "a única alternativa" que ofrece a Xunta sexa "sementar os montes de chumbo".

Sinala que "estudos internacionais" apuntan que este tipo de medidas "xeran máis camadas antes de tempo" e provocará "un maior número de xabaríns durante os próximos anos". Deste xeito, os animalistas expoñen que se combata a proliferación do xabaril e o seu achegamento a zonas urbanas con "campañas informativas par a poboación" e "medidas non letais", como "mellorar valados en parques públicos, vías de tránsito rodado, reflectores lumínicos e substitución do céspede ornamental pola xeroxardinería".

Xabaril
Xabaril | Fonte: GONZALO VARAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta