Aprobado o decreto que reduce os trámites para facilitar o acceso ao sistema de atención á dependencia

Para conseguir este terceiro obxectivo proponse que se inclúan opcións alternativas para que, no caso de non poder recibir o servizo preferido, o solicitante poida escoller outras opcións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao novo decreto de dependencia, cuxo contido xa fora anunciado e que regula o procedemento para o recoñecemento desta situación e para a asignación dos servizos ou prestacións económicas que correspondan en cada caso.

No seu día, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicara que o obxectivo concreto desta medida é reducir á metade os prazos de tramitación aliviando tamén a carga administrativa.

Así, o tres principais obxectivos deste novo texto son: reducir o número de papeis a presentar de doce documentos a dous, un informe médico e un informe social; fusionar a resolución de grao coa do Plan Individualizado de Atención (PIA), para que o cidadán teña que facer só un trámite desde o inicio do proceso ata que obtén a súa axuda; e redefinir o PIA, para que sexa máis completo e duradeiro e non se teñan que tramitar revisións no caso de cambiar de servizo.

Para conseguir este terceiro obxectivo proponse que se inclúan opcións alternativas para que, no caso de non poder recibir o servizo preferido, o solicitante poida escoller outras opcións.

PRESTACIÓN ECONÓMICA AUTOMÁTICA

Así mesmo, contemplará que os PIA leven aparellada, automaticamente, unha prestación económica pública mentres que a persoa solicitante espera polo servizo elixido.

Ademais, o novo decreto permitirá melloras que redundarán na axilidade de todo o procedemento, como facilidades para xustificar os pagos dos bonos de residencia, centro de día, axuda no fogar ou asistente persoal; ou a redución do 'papelorio' para percibir a axuda por coidador na contorna familiar.

Atención á dependencia
Atención á dependencia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta