Por E.P. | MADRID | 25/09/2023 | Actualizada ás 12:09
A estrea das linguas cooficiais no Pleno do Congreso atrasou case unha semana a publicación do Diario de Sesións da Cámara correspondente ao Pleno do pasado martes, un texto no que se inclúen os discursos pronunciados aquel día en galego, catalán e euskera, coa súa correspondente tradución.
O habitual é que o Diario de Sesións publique o día seguinte da celebración da sesión plenaria correspondente, pero esta primeira publicación tardou seis días en colgarse na web da Cámara Baixa.
En concreto, este luns publicouse a sesión correspondente ao debate de toma en consideración da reforma do Regulamento que abría paso ao uso das linguas cooficiais, unha sesión na que xa se puido falar en catalán, galego e eúscaro.
SÓ O PRIMEIRO DÍA
Por agora só se pode consultar ese primeiro debate, pero aínda haberá que esperar á seguinte publicación para consultar o que tivo lugar o xoves pasado. Nesa segunda sesión discutíronse as emendas presentadas, aprobouse a reforma regulamentaria, e ademais das citadas linguas cooficiais, escoitouse por primeira vez unha intervención en aragonés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.