Santa Comba acollerá o próximo 21 de outubro o Día da Muller Rural

Con este acto, a Deputación da Coruña pretende "facer visible e recoñecer publicamente o importante papel das mulleres no rural galego".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/09/2023 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Concello de Santa Comba acollerá o próximo 21 de outubro o tradicional acto do Día da Muller Rural que a Deputación da Coruña, en colaboración con Fademur Galicia, organiza anualmente nun municipio da provincia. Trátase, informa o organismo provincial, dun evento que congrega a máis de 600 mulleres de todos os municipios rurais da provincia da Coruña.

A celebración desta edición anunciouna o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, na visita institucional que realizou ao municipio e na que estivo acompañado do alcalde, Alberto Romar, así como representantes da institución provincial e do consistorio.

Formoso e Romar participaron nun encontro coa asociación de mulleres rurais Céltigas ás que anunciaron que Santa Comba será este ano o concello anfitrión da celebración do Día da Muller Rural, un acto co que a Deputación da Coruña pretende "facer visible e recoñecer publicamente o importante papel das mulleres no rural galego", explicou o presidente.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita Santa Comba
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita Santa Comba | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta